Somos Patricia
Cobas Pérez e Iria López Basoa,
temos 22 e 21 anos. Ambas as dúas estamos a cursar a materia de "Educación
Emocional", que se imparte no cuarto curso do Grao en Educación Infantil
na Universidade de Santiago de Compostela. Esta materia é unha das optativas
que oferta a universidade, decantámonos por cursala xa que nos parece unha
formación moi importante para o noso futuro como docentes e como persoas.
A educación
emocional está presente nas aulas todos os días e os docentes deben ter desenvolvida
a súa propia intelixencia emocional para conseguir un crecemento emocional san
nos seus alumnos, sobre todo se se trata de alumnos que se encontran nunha
etapa de desenvolvemento tan importante como é a primeira infancia. Ademais,
desenvolver este tipo de intelixencia achega moita estabilidade na vida dunha
persoa. Por estes motivos decidimos incluír esta
materia na nosa formación, e esperamos seguir formándonos dentro desta área
para poder axudar aos nosos alumnos e crecer no noso desenvolvemento interno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario