jueves, 1 de mayo de 2014

Emoción

Provén do latín do termo movere, que significa “mover cara fora” e “sacar fora de nós mesmos”. Polo tanto, estas son reaccións cara un estímulo que recibimos do exterior ou do interior, unha enerxía que nos move e nos impulsa cara un fin, mostrándonos, así vivos e activos e en alerta a novos descubrimentos e novos fins, polo que tamén a podemos relacionar coa motivación. Existen tres niveis nos que se manifestan as emocións: neurofisiolóxico (respostas involuntarias), comportamental (expresiones faciales) e cognitivo (vivencias significativas). A función das emocións son as de motivar a conduta, adaptar o individuo ao entorno, informar dun perigo e unha función social para comunicarnos cos demais.

Referencias: 
Bisquerra R. (Coord) (2011). ¿Cómo educara las emociones? La inteligencia emocional en la infancia y la adolescencia. Esplugues de Llobregat: Faros

Bisquerra R. (2000). Educación emocional y bienestar. Barcelona: Praxis


Mora Teruel, F. (2013). ¿Qué es una emoción? Arbor, 189(759). Recuperado de: http://dx.doi.org/10.3989/arbor.2013.759n1003

No hay comentarios:

Publicar un comentario