A nosa reflexión sobre o
aprendido na materia de educación emocional está centrada nos contidos do libro
Sentir y crecer, El crecimiento emocional
en la infancia de Silvia Palou. Consideramos que é moi completo para acadar
información práctica e non tan práctica, xa que en pouco tempo puidemos
adentrarnos no tema das emocións dunha maneira sinxela. Por este motivo e para
que se vexa reflectido o noso aprendizaxe da materia decidimos realizar un
reflexión que xira arredor do contido dos primeiros catro temas de dito libro.
O primiero deles fálanos
do motor emocional que está composto por diferentes pezas, estas son: o entorno
afectivo, o dialogo interno, o equilibrio entre proximidade e distancia e a
sensibilidade estética.
O entorno afectivo, trátase do coxín afectivo do neno, onde se
expresa o cariño que fai que se sinta valorado, comprendido e respectado. O
primeiro entorno afectivo dun neno é a familia, este comeza a crearse antes de
que o neno naza, xa que os pais e toda a familia xa os están esperando con
certas expectativas e ilusións.
O pai xoga un gran
papel, xa que pasa por moitos sentimentos, é normal que se estableza cerca
competencia entre os pais, pero é algo natural e necesario, de feito reforza o
vínculo coa parella. Cando o bebé chega o mundo xa o fai coa capacidade de
crear vínculos, polo tanto estes deben ser promovidos e respectado polos pais.
Os vínculos afectivos son a base sobre a que o neno irá construíndo, destruíndo
e desenrolando un crecemento emocional autónomo.
Un bo entorno social lle
da o neno a capacidade de socialización, para elo e moi importante que os
entorno afectivo poda aportarlle:
- Contención, é dicir, sentirse querido, aceptado e apoiado polo grupo.
- Comprensión, mediante o traballo da empatía entendendo o motivo polo que unha persoa chegou a sentirse de determinada maneira, ou por que se fan determinadas cousas. Tamén é importante que comprendan que non todos teñen os mesmos gustos e que hai que intentar poñerse no lugar dos outros.
- Respecto a calquera tipo de sentimento, tanto individual coma colectivos.
- Acoxida, é dicir, que o neno se sinta protexido, valorado e mimando polo seu contexto.
O dialogo interno ten como peza do motor un caracol, que simboliza o
mundo interior de cada persoa, é unha especie de camiño en espiral que permite
ondear por un mesmo e volver saír o exterior.
Cando un neno chega o
mundo, o seu caracol é transparente, é está basicamente composto polo seu coxín
afectivo. Co paso do tempo, a medida que se lle van ofrecendo diversas
experiencias o seu caracol vaise desenvolvendo. Os primeiros diálogos internos
que teñen os nenos son inconscientes, pero a medida que vai crecendo vai
extraendo a súas propias conclusións que lle axudan a ser consciente do seu
mundo interno e poder comprender mellor a el mesmo.
No proceso do
autocoñecemento a familia ten un papel primordial xa que se establece unha
relación de confianza onde o neno se poder ver reflectido. Para que o neno
comece a desenrolar o autocoñecemento de unha maneira satisfactoria, é
importante que a familia lle dedique tempo a construír e meditar este concepto
co neno. Por outra parte, dende a escola tamén se encontra unha ferramental moi
potente, os coetáneos, grazas a estes o neno poden ver reflectidos nos seus
amigos e compañeiros a súas propias emocións e tamén pode ser o lugar idóneo
para experimentar as primeiras angustias provocadas por outra persoa. Neste
último caso é importante que o mestre permaneza atento para asegurarse de que
cada neno se encontra dentro dun marco construtivo onde poda desenrolar a
confianza, comprensión e capacidade de escoita das súas necesidades.
No referente á
regulación e o control dos impulsos, os ámbitos nos que se move o neno xogan un
papel moi importante, xa que é o entorno cultural que lle vai dando referencias
con interpretacións favorables ou desfavorables dos seu comportamentos. A pesar
de que as emocións humanas son as mesmas independentemente da cultura da que se
proceda, é esta a encargada de interpretar o comportamento e a expresión de
cada emoción. A regulación dos impulsos debería comezar por un recoñecemento
dos propios sentimentos, todos eles lícitos, e un progresivo dominio para
expresalos de maneira que respecten os dereitos dos demais.
A proximidade – distancia , ten como peza do motor emocional a dozura
dunha bagoa. O capacidade que se vai a traballar ten que ver con que o
crecemento emocional vaia sendo cada vez máis autónomo, de maneira que non teña
unha dependencia emocional con outras persoas. Para que isto se leve a cabo, a
familia debe permitir que o neno se vaia distanciando do coxín afectivo, deste
xeito o neno gañará autonomía para ensaiar o que quere dicir, errar,
desenvolverse só... Todos estes feitos fan que o neno vaia collendo confianza
nel mesmo y que poida ir descubrindo e coñecendo os seu límites e virtudes.
Nos casos nos que os
nenos teñen ganas de probar dunha maneira espontánea, o papel da familia e dos
mestres e darlles tempo para crecer e para desenvolver estas capacidades por el
mesmo. Sen embargo, nos nenos que son máis dependentes dos adultos será
necesario que as familias e os docentes forcen un pouco a súa vontade e
valentía, a través dos pequenos éxitos irán gañando confianza e terán maior
sentimento de satisfacción. A relación con outros nenos, unha vez máis, tamén
axuda a desenvolver a autonomía, xa que habitualmente os nenos son moito máis
esixentes con outros nenos que cos adultos e é importante que desenvolvan a
ferramentas para superar os conflitos. Normalmente estes momentos danse cando
os adultos teñen menos intervencións, por exemplo en momentos de recreo. Neste
caso a papel dos mestres, será estar atento o proceso de observación.
Debe producirse un
exercicio de espera, tanto polos nenos como polos adultos. Os adultos deben
aprender a no intervir inmediatamente cando se produce un conflito, para darlle
a oportunidade os nenos de solucionalo por eles mesmos. Pola outra parte, os
nenos deben aprender a esperar, isto o poden interpretar como un abandono se
está acostumado a que lle dean solucións inmediatas.
É importante que durante
as rutinas a vida diaria, os nenos se encarguen das tarefas que poden levar a
cabo por eles sos, isto proporcionaralles moita autonomía e a sensación de
sentirse maiores. De feito, a sobreprotección causa que os nenos no estean
satisfeitos con eles mesmos e que teñan problemas coa autoestima.
A sensibilidades estética ten como peza do motor o lazo da sedución.
Este lazo fai referencia a cultura e as crenzas, e aporta:
- Creación de significados. Dende o primeiro momento, os pais, danlle neno significados de todo o que acontece, isto fai que se vaia introducindo á cultura, que vaian creando unha maneira de interpretar a realidade a partir desa cultura. Os nenos son moi sensibles na captación dos significados e soen percibir cousas que para os adultos poden pasar desapercibidas, por exemplo a entoación da nai, unha mirada... .
- Ferramentas para a comunicación. A principal fonte de comunicación que temos é o linguaxe corporal. A partir deste medio imos expresando as nosas sensacións e todo o que levabamos vivido ata ese momento, os nenos son particularmente bos para saber identificar e interpretar todas a sinais que emiten os corpos, ademais deixan que estas emocións se transfiran a eles mesmos. Tamén hai outro tipo de linguaxes como o musical e o visual que poden levarnos a contactar con emocións que se encontraban ocultas dentro de nos. A linguaxe verbal é a máis racional e leva imposta una gran carga cultural.
- Admiración e namoramento.
Este tema, aporta certos
coñecementos moi interesantes para coñecer un pouco máis o desenvolvemento
emocional que teñen os nenos. A nos como futuros docentes, parécenos unha
información moi importante e produtiva para o noso futuro, e sobre todo para o
futuro dos nosos alumnos e as súas familias. Obviamente, o papel da familia é
primordial no desenvolvemento emocional, e nos como docentes podemos aconsellar
a esas familias, e facer todo o que se atope nas nosas mans para conseguir que
os nenos non atopen ningunha carencia importante en dito desenvolvemento.
O segundo tema céntrase
nas relacións entre os contextos afectivos do neno, xa que hoxe en día, un neno
ten tres contextos fundamentais que lle afecta directamente, todos eles
inflúeno seu desenrolo por igual. Os conceptos ao que nos estamos a referir son
a familia, a escola e a comunidade.
No referente á familia, poderíamos dicir que é o
contexto que máis influencia ten no neno xa que é o primeiro co que ten
relación que co que establecerá as relacións máis intensas. É precisamente
dende a familia onde o neno comeza a establecer os parámetros esenciais para
relacionarse co mundo e con el mesmo.
A familia está composta
por un complexo sistemas de relaciones que van evolucionando e cambiando co
paso do tempo, o máis mínimo cambio nalgún dos seus membros é suficiente para cambiar
toda a estrutura familiar. Cada familia ten unha serie de crenzas es valores
que vai transmitindo a todos os membros que a compoñen, a maioría das veces
dunha maneira inconsciente.
O neno irá adoptando
diferentes roles dentro da familia que lle axudaran a adaptarse os diferentes
procesos de vinculación e separación. A pesar disto, o grupo familiar soe
mostrarse bastante ríxido á hora de un dos seus membro queira cambiar o seu
rol, isto débese a que cando un dos membros fai un cambio de rol, normalmente,
toda a familia vese na obriga de modificar en parte os seus propios roles.
A familia, concretamente
os pais do neno poden desenrolar certas capacidades para favorecer o benestar
do pequeno.
- Crear lazos afectivos que permitan unha cohesión san do grupo familiar.
- Ter empatía co neno, é dicir, saber recoñecer as demandas que intenta comunicar en cada momento.
- Mostrar flexibilidade para establecer pactos e alianzas.
- Manter unha comunicación e un dialogo sans para poder respectar as necesidades dos demais e as propias.
- Saber transmitir un modelo maternaxe que poida ser transmitido de xeración en xeración.
O tipo de afecto que
establezan os pais cos seus fillos determinará en gran medida a personalidade é
o comportamento dos nenos. Hai catro tipos de afecto:
Seguro.
Os pais se caracterizan por ser autónomos, seguros e coherentes, polo tanto os
fillos os ven coma unha base segura para explorar o mundo que os rodea, os
nenos móstranse menos irritables e cun carácter máis dócil. Tendo un afecto
mutuo con ambos proxenitores.
- Evitativo. Os pais móstranse distantes con escasas mostras de afecto, polo tanto os fillos mostraranse da mesma maneira.
- Resistente. Os pais caracterízanse por ser moi protectores cos seus fillos, isto fai que os fillos sentan momentos de angustia ao separarse dos pais.
- Desorganizado. Os pais teñen unha clara falta de límites cos seus fillos e incluso poderíamos estar a fala de abandono, polo tanto os fillos se mostran moi desorientados, depresivos e mostran un escaso contacto físico u ocular.
No caso da escola, é importante que o marco
educativo teña a imaxe do neno cunhas altas expectativas, partindo da base de
que eles son persoas capaces. E que para poder desenrolar todas a súas
capacidades necesitan dun entorno rico que lle aporte diferentes experiencias.
Obviamente e moi
importante que tanto a escola coma a familia formen un equipo, para elo é moi
importante que as familias se sintan cómodas formando parte de grupo escolar.
Por este motivo, sería conveniente crear un espazo onde puidesen participar
activamente na vida na escola. É importante que o profesorado comprenda que
debe respectar o seu papel de pais e establecer unha relación de igualdade,
onde poida axudarlles e aportarlles as ferramentas necesarias para o benestar
dos seus fillos. Tamén e moi importante que se identifiquen aqueles puntos que
poden resultar conflitivos con determinadas familias para poder corrixilos e
que non ocasiones maiores consecuencias.
Para todo isto é moi
importante que todo o equipo docente funcione conxuntamente, de maneira que
favoreza á comunicación entre eles mediante unha serie de encontros para
compartir e reflexionar sobre os problemas que podan afectar a todo o equipo,
ademais e moi conveniente que todos os membros se desafoguen e se apoien uns
aos outros, deste feito se algún deles se atopa cunha complicación, todo o
equipo intentará solucionala dunha maneira conxunta. De igual maneira, é importante que todo o
equipo poida intervir nas decisión que se vaian tomando, este feito axudará a
que se sintan parte dun conxunto.
A función do docente ten
unha gran relevancia, xa que debe estar dotado de numerosas habilidades, entre
elas encóntranse:
Coherencia.
Isto axuda a que os nenos podan aferrarse a uns puntos de referencia que lle
aporte seguridade.
Límites
claros. É un punto moi importante xa que axuda a que se desenvolva unha
convivencia sa.
Afecto.
Crear un vínculo afectivo cos nenos es coas familias fai que se potencie a
expresión dos propios sentimentos.
- Separación. Un mestre debe saber respectar os seus alumnos, de maneira que o impulse á autonomía e a capacidade crítica.
- Hábitos. Son moi útiles para que o neno non dependa dos adulto en todas as circunstancias, xa sabe o que ten que facer por el mesmo. Ademais apórtalle tranquilidade emocional.
- Reflexión. É conveniente que os mestre teñan momentos de reflexión, tanto persoais como con outros docente ou coas familias.
- Optimismo. O docente debe saber ver a mellor parte de todos os seus alumnos e de todas a situacións.
- Capacidade de comunicación. Tanto cos nenos coma cos adultos.
O grupo clase ten unha
importante forza emocional, por un lado é un espello para o neno, xa que pode
ver reflectidas a propia emocións e sentimentos, por outro lado é o lugar onde
se experimentan os primeiros rexeitamentos, vergoñas, angustias, alegrías...
provocados por outras persoas. Para que un grupo poda considerarse un elemento
favorecedor para o crecemento persoal dos membros que os forman, é necesario
que se lles permita a expresión persoal, e que se sintan respectados como
individuos e como membros dunha cultura. Ademais, deben sentirse comprendidos e
apoiados nas súas peculiaridades.
No grupo os nenos
comprender que a todos eles lles ocorren cousas semellantes que fai que sintan
emocións moi parecidas, ao mesmo tempo deben comprender que non todas as
persoas reaccionan da mesma maneira ante situacións semellantes. Deste xeito
deben ir entendendo que o modo que temos de comportarnos con outras persoas
pode causar diversas emocións. Ademais o grupo da a oportunidade de expresar as
emocións e desexos y así se van coñecendo a eles mesmos.
Por último, a comunidade na que viven os nenos tamén
é un contexto moi influente, por iso a características da sociedade son
tremendamente importantes. Principalmente a sociedade na que vivimos
caracterízase por ser ir demasiado apresa, ter un entorno sobreestimulante, ser
fortemente competitiva, ser cambiante e incerta e favorecer a individualidade
fronte unha resposta colectiva.
Que sexa unha sociedade
que vai moi rápido causar angustia e estres os nenos. A maioría do tempo, os
nenos son sometidos a actividades rápidas e moi intensas que van encadeadas sen
un tempo de silencio ou reflexión entre elas. Isto fai que o neno non poda
recapacitar sobre a actividade que acaba de desenvolver nin prepararse para a
seguinte, ademais tamén imposibilita a repetición da actividade. Outras das
súas características era que se considera un entorno sobreestimulante xa que a
sociedade en xeral cree que o mellor para o neno e que aprendan moitas cousas
canto antes por iso son sometidos a innumerables estímulos a maior parte do
día, polo tanto nos lles queda tempo para coñecerse a eles mesmo, como é
lóxico, isto lles causa unha gran insatisfacción e desconcerto.
Para que o neno poda ter
un bo desenvolvemento dentro desta sociedade é importante que se dote dun
pensamento aberto, que se acomode na incerteza de maneira que se senta
preparado para afronta a complexidade da vida, que sexa sociable e que aprenda
a reservar momentos para pensar, recapacitar, ou simplemente para gozar do
silencio.
Este tema, fai
reflexionar sobre como a importancia que teñen todos os contornos do neno, e de
que maneira poden chegar a influírlle. Desta maneira, é moi importante que
tanto os docentes como as familias, coñezan estas información para poder
someter os nenos aos contextos más favorecedores para eles mesmos. No caso dos
docentes, é moi importante que sexamos conscientes da gran influencia ca escola
pode chegar a ter nos alumnos e saibamos comportarnos e demostrar as habilidades
que se nos esixen para ser bos docentes. Do mesmo modo debemos estar
concienciados da importancia que ten o traballo en equipo con todo o
profesorado, non so para solucionar as dificultades dos alumnos, tamén para
axudarnos a nos mesmos e aos outros mestres.
No tema tres falamos
sobre as actitudes, de cómo estas inflúen nas nosas accións e, ademais,
reflicten como verdadeiramente somos. Con elas é moi difícil enganar con aquilo
que creemos, pensamos, sentimos e desexamos. Modificalas e facelas conscientes
é algo igualmente difícil. Pero pola contra, a formación das actitudes vese
influenciada pola familia, os primeiros mestres e mestras e os iguais, que
poden ser decisivas na construcións dos valores e crenzas dunha persoa.
Nós, como docentes neste
caso, mostramos as nosas actitudes a través dos nosos comportamentos, un claro
exemplo foi o vídeo que puidemos ver no facebook, como unha nai se ri cara o
seu fillo e este ri e está contento e tranquilo, mentres que cando esta se pon
seria e non mostra ningunha emoción, o pequeno comeza a inquietarse e acaba
chorando. Aquí vemos como dependendo da actitude que mostremos cara o noso
alumnado este actuará dunha forma ou outra.
Existen unha serie de
actitudes que nos farán un crecemento emocional máis positivo, tanto dentro da
aula como a nivel persoal, potenciando as nosas capacidades e competencias como
persoas autónomas, sociais e integras, esas son:
- A transparencia. É unha actitude imprescindible para formar persoas ao noso cargo. Recoñecer diante dos alumnos e das familias as nosas dificultades, erros, dubidas e incertidumbres achéganos a eles, mostrando que non somos perfectos nin altivos, senón iguais. Isto tamén nos axudará a cambiar cara mellor,sabendo no que erramos e, así, probando outras opcións e maneiras de facer.
- A confianza. Coa transparencia conseguimos a confianza, unha calidade igual de básica. Esta podémola conseguir con pequenos xestos, miradas ou axuda. Como futuros mestres e mestras temos a obriga moral e profesional de buscar en cada un dos nosos alumnos unha parte positiva na que confiar e da que poder estirar, conseguindo que eles confíen en nós para axudalos e entender as súas necesidades. Coa confianza logramos ser para as familias un punto de apoio e seguridade, escoitándoos, axudándoos e sendo un refuxio ante o perigo, para lograr todo isto necesítanse uns feitos previos.
- O Tacto. As dúas actitudes anteriores conseguirémolas a través do tacto, con dozura, tendo en conta o que sinte a outra persoa. Tratando ao neno e nena como iguais e con respecto, e non con unha actitude infantil, paternalista, mimosa e adornada. É unha actitude complicada de acadar, xa que os mestres e mestras temos días e días, uns nos que nos atopamos con ganas e outros nos que non temos tantas, é aquí onde entra a nosa intelixencia emocional e a educación desta, se a temos nun bo estado seranos doado adquirir as ditas actitudes.
- A Paciencia. Esta é unha actitude clave para educar e para comunicarnos e establecer unha relación sólida cos nenos e nenas. Para elo requírese: esperar, xa que non todos os nenos e familias actúan da mesma maneira e coa mesma rapidez que nós tiñamos pensado; ter perseveranza, ser constantes e non tirar a toalla no primeiro intento, senón probar diferentes maneiras ata atopar a máis axeitada para resolver o problema; escoitar as nosas necesidades e as dos demais; e ser tolerantes, non obrigar a ninguén a acadar as nosas opinións, nin nós ser obrigados a acadar as dos demais. Esta actitude consideramos que se está a perder nas escolas, xa que o ritmo apresurado da sociedade introdúcese nas aulas e nas mestras facendo que todo se acabe con rapidez sen ter en conta os tempos e necesidades do alumando.
- A responsabilidade. Esta é unha actitude que nos fai sentir vivos e conscientes dos nosos actos, sentir esa satisfacción por algo que realizaches por ti mesmo é algo que todo o mundo debe experimentar, facéndonos, así, participes da nosa traxectoria e das nosas decisións. Para acadala requírese: proporse metas, buscar novos retos que nos motiven ou, neste caso, motivar ao noso alumnado cara unhas metas; respectar as responsabilidades dos demais, deixando que todos experimenten esa satisfacción polo conseguido ou o contrario, rabia ante a frustración, coñecendo, desta forma, os nosos límites; e aceptar os erros, os nosos e os dos demais, cada un xa é conscientes dos seus erros e limitacións sen que ninguén llo teña que recordar. Un exemplo para vivir nas aulas esta actitude sería empregar o responsable do día ou da semana, onde cada nenos e nena experimentaría a satisfacción ou a frustracións por algo que el fixo.
- A elasticidade. Con ela somos capaces de amoedarnos a outras situacións e persoas sen perder a nosa identidade. De todas as experiencias da vida extraemos un aprendizaxe, moldeando e pulindo o noso eu, a nosa identidade. Requírese para adquirir a elasticidade: flexibilidade, tendo unha perspectiva máis ampla; esforzo, para poder ver máis aló de nós mesmos; e humildade, axudando e deixándose axudar para construírnos.
- A armonía. Esta pódese considerar o equilibrio entre dúas partes, pero non quere dicir que todo sexa tranquilidade ou que non existan os problemas, senón saber como enfrontarse a eles e saber solucionalos, tanto por unha parte como pola outra. Para requirir a armonía necesitamos: adaptación xusta, modulacións e progresión, e estrutura. Atopar en nosa armonía apórtanos tranquilidade, seguridade e satisfacción por estar ben connosco mesmos. Nas aulas tamén debemos encontrar a dita actitude para que, así, se dea un aprendizaxe moito máis produtivo e, á vez, recollamos nel todas as actitudes citadas, podendo, en ocasións melloralas.
Por
último o tema catro fálanos da importancia das ferramentas para a
interpretación e observación de procesos psicosociais. Existen dúas formas de
achegarnos á valoración das experiencias emocionais compartidas: a observación
introspectiva e a observación sistemática e a distancia.
A primeira delas ven
sendo un estado de consciencia do que pasando que permitira analizar e actuar
dunha forma case simultánea, é dicir, debemos tela en conta cando se está
dando. Esta introspeción permite unha apertura, unha flexibilidade das nosas
actitudes e respostas, para, deste xeito, potenciar a expresión e a
comunicación das persoas implicadas na interrelación. As nosas actitudes ante
as expresións ou as vivencias emocionais dos nenos e nenas serán de gran importancia
para eles, polo tanto a forma na que actuamos con eles, fará que estes teñan
unhas respostas ou outras, unhas máis positivas e outras máis negativas.
Existen uns parámetros que están propostos para a observación:
- Finuras e sutilezas. Estas están contidas as crenzas e os valores máis esenciais do noso ser, captalas, ser conscientes de elas e valoralas é unha ferramenta moi útil para a reflexión e a educación emocional. Debemos ser capaces de: captar e responder as sutilezas que nos chegan dos nenos e nenas e das súas familias, ofrecer propostas interactivas que promovan, potencien e valoren as sutilezas que se dan nas relacións que nós establecemos, e interpretar as sutilezas recibidas ou propostas. Saber ler a mirada dunha alumno que non se atreve a intervir, saber outorgar valor emocional a un silencio ou interpretar a necesidade dun neno da facerse ver ante os demais son algúns dos significados de comprender e valorar sutilezas.
- Abanico de gamas. A riqueza e a intelixencia da relacións humanas radican no feito de saber valorar un abanico de gamas de grises, é dicir, non todo é negro ou branco senón que dependendo das situacións ou das persoas podemos actuar dunha forma ou outra. Debemos ser capaces de: escoitar as gamas que se dan de forma espontánea nas experiencias relacionais, impulsar reflexións das situacións que fagan conscientes as persoas das diferentes gamas, e analizar as nosas actitudes e respostas. Palabras moi comúns nas aulas son non dou feito nada, sempre me sae mal ou nunca o dou feito, esta deben estar presentes na nosa reflexión para permitir facer ver que non son unha apreciación certa, axudando a atopar situacións nas que iso non sexa así. Unha forma que nos pode ser útil para valorar estas situacións emocionais é empregar esas palabras (sempre, nunca, todo ou nada) como palabras prohibidas e adquirir o hábito de buscar as excepcións.
- Forza e intensidades. A intensidade dalgunhas vivencias requiren un marco no que poder escoitalas e acollelas cando deciden saír do seu escondite. Estas situacións poderían transmitir un gran valor emocional á persoa que as está vivindo, polo que será necesario una acollida, unha escoita sincera e, posteriormente, unha axuda para reflexionar sobre as propias crenzas, os propios recursos e o recoñecemento dos propios sentimentos, non debemos esquecer que, como docentes, os nosos obxectivos son educativos e non terapéuticos. Para levar a cabo unha boa mellora emocional, en canto a forza e intensidade, debemos: estar atentos as respotas intensas que poidan xurdir, acoller estas forzas e canalizar as ditas forzas.
A segunda observación
era a sistemática, caracterizada por ser a longo prazo e non instantñanea como
a anterior. Nesta, a imaxe do neno, a nosa experiencia persoal, as nosas
crenzas ou nosa formacións poden actuar
como filtros que nos farán ver multiplicidade de interpretacións. Polo tanto,
debemos facer unha valoración do que observamos intentando estar abertos e
flexibles fronte as experiencias e as valoracións doutras situacións, sen
deixarnos guiar polo que nós temos cremos e valoramos. Existen uns aspectos que
recollen a observación sistemática, cos cales poderemos realizala dunha maneira
produtiva e beneficiosa para a aula, para elo escollemos un tema que será a
actitude do adulto, algo moi importante nas aulas:
· Que nos
interesa coñecer e comprender? Que ámbito queremos profundizar e a partir del
delimitar uns obxectivos ou outros. Neste caso, como xa dixemos, o tema será a
actitude do adulto.
· Como
usaremos a información? Debemos concretar para que servirá a observación. Neste
caso para: a retroalimentación do proxecto pedagóxico, para a valroación dos
procesos dos nenos e das familias, para comunicar as reflexións cos nenos ou
coas familais, para traballar co equipo de profesionais e para mellorar a nosa
interacción co grupo e coas persoas.
·
Organización
do contexto. Describir o marco que acollerá a proposta:
o
Circunstanciais:
idade, número de persoas, duración, frecuencia, educadores e rol, e período.
o
Contexto
nos que se producen os procesos: materiais, espazos, agrupacións, actividades…
· Aspectos
que queremos interpretar do tema escollido (obxectivos). Estes axudan a
delimitar cada tema e pódense matizar e amplialos en funcións dos contextos.
Tema
|
Obxectivos
|
Actitude do adulto
|
1. Describir repertorios comunicativos
2. Discriminas actitudes
|
·
Indicadores
da observación. Debemos elixir entre a maneira de recoller a información
(escrita, audiovisual…) e o tipo de análises (aberto: narrativo, cronolóxico;
pechado: sistemático; ou mixto).
Tema
|
Obxectivos
|
Indicadores
|
Actitude do adulto
|
Describir repertorios
comunicativos
|
§
Sensibilidade
en canto a contacto e miradas
§
Comunicación
verbal
§
Comunicación
xestual
§
Proximidade
corporal
|
|
Discriminar actitudes
|
§
Conduce
ou acompaña
§
Anticípase
ou segue o ritmo dos nenos e das familias
§
Condiciona
o resultado
§
Goza
da actividade
§
Distanciamento
da proposta
|
· Análises
e interpretación. Esta non pretende ser xeneralizable a outros contextos, senón
ser un elemento para entender mellor os procesos que experimentan os nenos e
enriquecer a nosa proposta educativa. Pode axudarnos os seguintes elementos:
o
Relacionar
datos, se foi intencional ou casual ou se é unha relación de causa – efecto.
o
Que
significado ten para o neno ou nena o que realiza? Cambia o significado ao
longo do proceso?
o
Ratifica
hipóteses? Plantea problemas? Como os resolve?
o
Fai
aportacións culturais ou de identidade persoal?
· Retroalimentación.
As reflexións e interpretacións que se derivan de toda a observación deben ser
para iniciar o proceso educativo de novo.¡m cunha oferta máis rica, con novas
propostas para profundizar no que sentimos, pensamos e expresamos. A finalidade
principal das interpretacións que facemos a partir das fichas de observación
propostas debe ser a de poder matizar e ampliar a gama cromática e de texturas
das vivencias e relacións que de elas deriven.
Tras ver con
detenimiento as dúas formas de observación podemos elixir unha ou outra para
levar a cabo nas nosas aulas, tendo en conta as delimitacións e finalidades de
cada unha. Como todo non existe unha mellor que outra, senón que a veces unha
complementa a outra, e viceversa. Tendo, así, un resultado máis completo e
axeitado, que se só utilizaramos un sistema.
Con toda esta información sacada do libro de Silvia Palou temos claro o que é para nós a educación emocional e a importancia que ten nas aulas. Inculcar uns valores que fagan posible crear unha intelixencia emoiconal estable no noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario