Un
estudio, de Stress Impact dirixido por Fred Zjilstra en 2006 na Universidade De
Maasstrich, considera que a profesión docente foi considerada, xunto coa
profesión sanitaria, unha das profesións
de maior risco laboral. As causas disto moitas veces son
máis subxectivas que obxectivas, xa que a felicidade e o benestar dos docentes non
pode ser avaliado polos seus
condicionantes externos, senón polos
seus condicionantes internos ou subxectivos.
A
profesión docente require dun esforzo inicial moi importante ao ter que superar
uns estudos de grado ou de postgrado, ademais dunha oposición e, finalmente unha continua exposición a
alumnos, familias e sociedade. Por se isto fose pouco engadimos as
descalificacións frecuentes nos medios de comunicación no sentido dunha feroz
crítica ao horario de docencia ou o goce de largas vacacións ao longo do ano. Estes
e outros moitos motivos fan da profesión docente unha profesión abocada en
moitas ocasións ao malestar docente. Aínda así, tamén é considerada unha das
profesións máis confortables, xa que todos recordamos aquel mestre ou mestra
que tanto nos axudou ou co que tanto aprendemos.
No
artigo de Carlos Hué García (2012) fai referencia a unha serie de competencias,
baseadas no método emocional, catro delas refírense ao desenvolvemento de
competencias referidas a un mesmo, mentres que as outras tres refírense a
competencias en relación cos demais. As primeiras son: o autocoñecemento, que é
a porta do método de pensamento emocional e a base do benestar docente que se
deriva da súa posta na práctica; autoestima, referido á valoración persoal;
control emocional, que determinará o noso nivel de benestar docente; e a
motivación, un profesor motivado xera alumnos motivos, igual que un mestre
desmotivado xera alumnos desmotivados. As seguintes tres competencias referidas
as relacións cos demais son: coñecementos dos demais, que parte da intelixencia
social, aprendendo a coñecer aos demais; valoración do outro, aprender a
valoralos despois de coñecelos, estando a atento as emocións e sentimentos dos
demais; e, finalmente, o liderazgo, dinamiza o grupo e o mestre é o líder dos
seu alumnado.
Por
outra banda, no artigo da entrevista a Alvaro Marchesi pola revista Profesión
docente no 2007, descríbenos os motivos polo que un mestre ou mestra acada ese
estres, e estes son moitos e variados. Algún exemplo pode ser o fácil acceso á
información e ao coñecemento, os cambios nas familias, o mercado laboral ou a
presión na ensinanza, con todo isto os docentes e a súa actividade vense
interrogados.
Faise
referencia a valoración desta profesión por parte dos pais, os cales ven aos
mestres como os encargados de educara aos seus fillos. Isto acontece
actualmente e está a pé de rúa, os pais exercen o papel de bos ante os seus
fillos (consentimentos permisos, liberdade extrema…), mentres que pretenden que
os mestres fagamos o papel de malos. O que parece non entenderse é que nós non
somos os encargados de iso, debemos educar e inculcar uns valores si, pero
sociais e educativos, logo en cada casa o neno ou nena debe traer xa adquiridos
os seus propios. Esta presión por parte das familias desfavorece o benestar
docente creando desánimo e amargura.
Esta
profesión está cargada de emocións, que poden ser positivas ou negativas. Para
que se dean unha emocións positivas, o que conleva un benestar docente
positivo, é necesario contar co apoio das institucións, familias e sociedade en
si, deixando de desmellorar e quitar prestixio a esta profesión que é a base de
todo ser humano, sexa da categoría que sexa.
Referencias:
Hué García, C. (2012). Bienestar docente y pensamiento emocional. Revista Fuentes, 12, 47-68
Marchesi, A. (2007). Las condiciones de la docencia influyen en la expresión y la comunicación de las emociones. Profesión docente, 32
No hay comentarios:
Publicar un comentario