Autoavaliación

En canto aautoavaliación, consideramos que fixemos un bo traballo durante todo o transcurso da materia. As dúas asistimos a clase con normalidade e involucrámonos todo o que puidemos nos contidos que se impartiron, que ademais, parecéronos de gran importancia para a nosa formación como docentes, pero tamén para o noso desenvolvementos como persoas.
No transcurso das clases intentamos sacar a maior proveito posible, xa que so eran unha hora e media á semana. Sempre levamos o material lido e preparado para comentalo cos nosos compañeiros e nos mostramos atentas as explicacións que eles nos aportaban. Creemos que foi un intercambio moi satisfactorio e proveitoso para todos nos.
Durante as primeiras sesións, a mestra pedíanos que compartíramos algunha das nosas ideas previas sobre certos conceptos relacionado coa educación emocional, nos mostramos moi abertas e participativas, de maneira que puideramos chegar entre todos á definición axeitada.
No referente á participación no Facebook, intentamos involucrarnos o máximo posible a pesar de que tiñamos a dificultade de non ter internet durante a semana, de maneira que a maioría das veces nos viamos obrigadas a esperar o fin de semana para poder elaborar algunha aportación e para facer  un seguimento de toda a información que ían aportando os nosos compañeiros. Isto tamén nos supuxo un problema á hora de encontrar novas informacións que fosen de interese xa que pasados uns días xa había unha gran cantidade de publicacións dos principais temas que se abordaron durante a semana. De todas formas, intentamos buscar máis información complementaria e subir a que críamos que era máis interesante para compartir cos nosos compañeiros. Ademais, intentamos comentar as aportación que subían outros alumnos ou a mestra, a pesar de que na maioría deles xa había varios comentarios con opinións moi semellantes e algo repetitivas, polo que non viamos oportuno volver a reiterarnos no mesmo. A pesar disto, todas a indagacións que fixemos nos e os nosos compañeiros resultáronnos de gran utilidade a hora de elaborar o portafolios e o traballo grupal, ademais a maioría das achegas eran moi interesantes  e enriquecedoras para satisfacer a nosa curiosidade e as ganas de saber máis sobre os temas.
Tanto na elaboración do traballo en grupo coma na do portafolios, fixemos un traballo moi elaborado á hora de buscar información e de elaborar cada un  dos apartados. Intentamos facelo da mellor maneira posible, invertendo todo o noso esforzo por conseguilo. Algúns dos apartados supuxeron un reto para nos, xa que tivemos que revisar moita información para chegar a unha conclusión ben estruturada.
En xeral, creemos que participamos de forma activa no transcurso da materia dentro das posibilidades nosas posibilidades. Por elo, sentímonos satisfeitas coas nosas contribucións.

A participación de Patricia Cobas Pérez no facebook foron:










As participacións de Iria López Basoa no facebook foron:










No hay comentarios:

Publicar un comentario